Culleredo

Culleredo conta cun amplo tecido comercial e empresarial para dar resposta á demanda da veciñanza. Existen establecementos dos principais ámbitos de actividade para poder realizar as compras sen ter que saír do concello.

A empresa e comercio de Culleredo están espallados por todas as parroquias. Destaca de xeito específico o ámbito hostaleiro, cun grande abano de bares, cafetarías e restaurantes.

Desde o Concello promóvense ao longo do ano accións para dinamizar o municipio e impulsar o consumo no comercio local.

Tamén se celebra o segundo domingo de cada mes o Feirón, unha das feiras máis importantes da comarca, con máis de 200 postos. Realízase entre a avenida de Rutis e a rúa Vicente Risco.

Lembra, para todo o que precises, queda en Culleredo.